A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico.
A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.
Nacida en Madrid en 1947, é licenciada en Bioloxía e profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago. Instalada en Galicia desde 1973, adoptou o galego como lingua literaria. As súas primeiras obras foron narracións dirixidas aos lectores máis novos, como A formiga coxa (1989) e O rescate do peneireiro (1990).
Saber máis »