Amadeo Bola trabaja para una compañía de seguros y está investigando el robo de un pequeño cuadro de Goya sustraído misteriosamente del Museo del Rincón...
Naceu en Barcelona en 1947. É un dos autores españois máis prolíficos e recoñecidos internacionalmente. Autor de máis de douscentos libros e traducido a máis de vinte linguas, iniciouse profesionalmente no xornalismo e foi director de revistas fundamentais para a introdución en España da música rock, como Disco Exprés. Desde 1978 dedícase exclusivamente á literatura, alcanzando un extraordinario éxito de público e vendas. Entre as súas obras máis populares destacan Historia de la música pop, El joven Lennon, El tiempo del olvido, Nun lugar chamado Guerra e Durmido sobre os espellos. Algunhas das súas obras coñeceron adaptacións á televisión. En 2006 e 2010 foi candidato ao Nobel da literatura para xoves, o premio Hans Christian Andersen, representando a España.
A lista dos seus premios é interminable: Ateneo de Sevilla, Gran Angular, Vaixell de Vapor, Abril, Edebé... En 2007 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra Kafka y la muñeca viajera, publicado en galego por Galaxia.