VEIGA, RAMÓN D. / SIERRA, DAVID (Ilustración)
Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023) e «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023). Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta».
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023), e en 2023 o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!»
Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, e «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína.
Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022).
Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.
Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.