A gordura é fermosura!, dicíalle a súa nai, pero
a Petra non lle gustaba a imaxe que lle devolvía
o espello. Ela quería ser alta, esvelta e elegante,
e sería capaz de remover ceo e terra para
conseguir un físico diferente.
A elefanta que aínda conserva a esperanza
de atopar unha solución ao que considera un
problema comeza unha viaxe que propiciará un
encontro moi especial.
Unha visión optimista no sentido de aprender
que a autenticidade será o camiño de
satisfacción, e que os demais nos aceptarán tal
como somos.