GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO / PUEBLA MORÓN, TEO (Ilustración) / PUEBLA, TEO (Ilustración)
Cacarabín, Cacarabón é un libro de poemas baseados principalmente no folclore infantil. O neno comprende así o marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo a el lle pete.
(Vigo, 1952). Mestre e escritor especializado en literatura infantil e xuvenil. É autor de obras didácticas, poesía e narrativa, entre as que destacan Na fogueira dos versos (Premio Merlín 1996), A chave dos soños, Unha chea de aloumiños e Palabras envoltas en cancións. En 1998 recibiu o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio.
Recibiu en 2007 o Premio Luna del Aire de Poesía Infantil pola obra Estela de versos, escrita conxuntamente con Rafael Cruz Contarini.