GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO / PÉREZ PUIG, RUBÉN (Ilustración)
Vinte e oito coplas cheas de ritmo porque, despois de todo, estamos diante de pequenas cancións cheas de imaxes suxestivas.A poesía entendida coma un tesouro que hai que descubrir. Historias protagonizadas por pequenas e pequenos que saben entender a fermosura da natureza, a forza da vida, o valor da felicidade. Emocións. Cantos. Ilusións. Solidariedade. Soños. Porque todo pode converterse nunha copla.
(Vigo, 1952). Mestre e escritor especializado en literatura infantil e xuvenil. É autor de obras didácticas, poesía e narrativa, entre as que destacan Na fogueira dos versos (Premio Merlín 1996), A chave dos soños, Unha chea de aloumiños e Palabras envoltas en cancións. En 1998 recibiu o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio.
Recibiu en 2007 o Premio Luna del Aire de Poesía Infantil pola obra Estela de versos, escrita conxuntamente con Rafael Cruz Contarini.