Alice Vieira naceu en 1943 en Lisboa. É licenciada en Filoloxía Xermánica e xornalista. En 1979 recibiu o premio de literatura infantil "Ano Internacional do Neno" con Rosa, miña irmã Rosa e, en 1983, con Este Rei que eu escolhi, o premio "Calouste Gulbenkian" de literatura infantil. Alice Vieira é hoxe unha das máis importantes escritoras portuguesas de literatura xuvenil, cun grande prestixio e proxección nacional e internacional, do que son exemplo as tiradas dos seus libros (máis de 260.000 exemplares editados en Portugal) e a tradución das súas obras en Checoslovaquia, Alemaña, Brasil, España.