CAMPANARI, JOSÉ / CISNEROS, JESÚS (Ilustración)
O señor Xe le as noticias do xornal e o corpo
éncheselle de preocupacións. A cada momento
pregúntase: E que podo facer eu? Un día
atopa unha resposta; outro día, outra;
e outra máis...
Este álbum lémbranos que hai que ver máis alá
de nós mesmos, e esforzarse un pouco máis
en axudar a quen o necesita. Son moitas
as cousas que, case sen nos decatar,
podemos facer. É suficiente con abrir os ollos
e aprender a mirar.