1. **Crítica literaria y creatividad en El crítico como artista**
Explora la visión de Oscar Wilde sobre la crítica como arte independiente y su influencia en la creatividad literaria.
2. **Apreciación del arte y esteticismo en La decadencia de la mentira**
Sumérgete en el diálogo entre Vivian y Cyril sobre el valor del arte, defendiendo el esteticismo y el concepto del "arte por el arte" de Wilde.
3. **Reflexiones sobre el papel del crítico en El crítico como artista y La decadencia de la mentira**
Analiza cómo Wilde aborda la función del crítico como parte fundamental del proceso artístico en sus ensayos.
4. **Características del arte según Oscar Wilde**
Descubre las ideas sobre la creatividad, la crítica y la estética en las obras incluidas en este volumen emblemático de Wilde.
5. **La interacción entre arte y crítica en El crítico como artista y La decadencia de la mentira**
Explora la relación dialéctica entre la creación artística y el análisis crítico según la perspectiva wildeana.
6. **Esteticismo y debate artístico en El crítico como artista / La decadencia de la mentira**
Sumérgete en el extravagante y profundo diálogo entre personajes que cuestionan las convenciones del arte en estas obras de Wilde.
Oscar Wilde fue también un crítico literario visionario. Defendió la crítica como una disciplina independiente de la literatura y enfatizó el rol esencial de ésta en el proceso creativo.
En este volumen incluimos dos de sus más importantes ensayos, que se publicaron en el volumen Intenciones en mayo de 1891. En El crítico como artista Gilbert y Ernest conversan sobre la distinción entre el arte y la crítica. Para Wilde, la creación artística sólo puede proceder de un espíritu crítico. La decadencia de la mentira presenta, también en forma de diálogo socrático, a los personajes Vivian y Cyril que, extravagantes y divertidos, debaten sobre el valor del arte, defendiendo el esteticismo y el «arte por el arte».
Oscar Wilde (Irlanda, 1854-1900)
Novelista, poeta, crítico literario e autor teatral de orixe irlandés, grande exponente do esteticismo, a súa principal característica era a defensa da arte pola arte. Oscar Fingal O'Flahertie Wills Wilde naceu o 16 de outubro de 1854, en Dublín e estudou no Trinity College desa cidade. De novo participaba nas reunións literarias organizadas pola súa nai. Máis tarde, sendo estudante da Universidade de Oxford, destacou no estudo dos clásicos e escribiu poesía; o seu extenso poema Ravenna gañou o prestixioso premio Newdigate en 1878, e converteu o estilo bohemio da súa xuventude nunha filosofía de vida. En Oxford, recolleu a influenza dos innovadores estéticos como os escritores Walter Pater e John Ruskin.
De carácter excéntrico, o xoven Wilde levaba o cabelo longo e vestía pantalóns de montar de veludo. O seu cuarto estaba repleto de obxectos de arte, como tornasoles, plumas de pavo real e porcelanas da China. As súas actitudes e modales foron repetidamente ridiculizadas en la publicación satírica Punch e na ópera cómica de Gilbert y Sullivan Paciencia. A pesares diso, o seu inxenio e talento fixéronlle gañar innumerabeis admiradores.
O seu primero libro foi Poemas (1881), e a primera obra teatral, Vera ou os nihilistas (1882), representouse por primeira vez en Nova York, cidade na que o autor se atopaba entón, pois estaba nunha longa xira de conferencias polos Estados Unidos. Logo disto, estableceuse en Londres e, en 1884, casou cunha muller irlandesa moi rica, Constance Lloyd, coa que tivo dous fillos. A partir de entón, adicouse exclusivamente á literatura.
En 1895, no cume da súa carreira, convertiuse na figura central do máis sonado proceso xudicial do século, que conseguiu escandalizar a toda a moxigata clase media da Inglaterra victoriana. Wilde, que mantivera unha íntima amizade con lord Alfred Douglas, foi acusado polo pai deste, o marqués de Queensberry, de sodomía. Declarouselle culpable no xuicio, celebrado en maio de 1895, e, condenado a dous anos de traballos forzados, saiu de prisión arruinado material e espiritualmente. Pasó o resto da súa vida en París, baixo o nome falso de Sebastian Melmoth.
Entre as súas primeras obras atópanse dúas coleccións de historias fantásticas, escritas para os seus fillos, O príncipe feliz (1888) e A casa das granadas (1892), e un conxunto de contos breves, O crime de lord Arthur Saville (1891). A súa única novela, O retrato de Dorian Gray (1891), é unha melodramática historia de decadencia moral, que destaca pola súa brillantez de estilo epigramático. Aínda que o autor descrebe todo o proceso da corrupción do protagonista e, a través do sorprendente final, defende a loita contra a degradación moral, os críticos do seu tempo continuaron considerándoo un inmoral.
As obras teatrais máis personais e interesantes de Wilde foron as catro comedias O abano de lady Windermere (1892), Unha muller sen importancia (1893), Un marido ideal (1895) e A importancia de chamarse Ernesto (1895), caracterizadas por uns argumentos hábilmente entretecidos e por os seus enxeñosos diálogos.
A pesares da súa escasa experiencia dramática, conseguiu demostrar un talento innato para os efectos teatrais e a farsa, aplicou a estas obras algúns dos métodos creativos que solía utilizar nas súas restantes obras, como as paradoxas en forma de refrán inverso, algunhas das que chegaron a ser moi famosas.
En contraste coas súas comedias, Salomé é unha obra teatral seria acerca da paixón obsesiva. Orixinariamente escrita en francés, estrenouna en París en 1894 a recoñecida actriz Sarah Bernhardt. Posteriormente, o compositor alemán Richard Strauss compuxo unha ópera homónima baseada nela. Lord Alfred Douglas fixo a traduzón ao inglés, en 1894, e o artista Aubrey Beardsley ilustrouna. No cárcere, Wilde escribiu De profundis (1895), unha extensa carta de arrepentimento polo seu pasado estilo de vida. Algúns críticos considerárona unha obra extremadamente reveladora; outros unha explosión sentimental moi pouco sincera. A balada do cárcere de Reading (1898), escrito en Berneval, Francia, pouco despois de sair de prisión, e publicado anónimamente en Inglaterra, é un dos seus poemas máis poderosos.
Durante moitos anos, o nome de Oscar Wilde sobrelevou o estigma imposto pola puritana sociedade victoriana. Na actualidade, o artista que se esconde tras ese nome é recoñecido coma un brillante crítico social, as súas obras manteñen unha vixencia universal. Na literatura en español a súa influenza deixouse notar nos escritores máis esteticistas desde Ramón Gómez de la Serna, pasando polo chileno Eduardo Barrios ou o catalán Pere Gimferrer. O escritor e editor Ricardo Baeza traduciu case toda a súa obra publicada, primeiro en España e logo en Bos Aires, donde se exiliou durante a Guerra Civil.
Wilde converteuse ao catolicismo o 30 de novembro de 1900, pouco antes de morrer de meninxite.