Naceu en Sueca (Valencia) no ano 1955. Cursou estudios de Maxisterio, Pedagoxía e Filoloxía. Pertence á xeración de narradores valencianos en lingua catalana que empezaron a publicar a principios dos anos 80, estimulados polos múltiples premios literarios creados daquela. Autor de novelas e ensaios, Franco é un dos autores máis lidos da actual narrativa catalana. O derradeiro bandido é a primeira das súas novelas que aparece traducida ao galego.