Si bien somos capaces de contemplar sin espanto viajes interplanetarios y clonaciones de seres vivos, tal vez nos falte, en cambio, el valor suficiente para sumergirnos en lo más íntimo de nuestro ser. El «Manual del guerrero de la luz» concentra toda la filosofía de Paulo Coelho y es una invitación a que cada uno de nosotros viva su sueño, abrace la incertidumbre de la vida y se atreva a perseguir su singular destino.
Paulo Coelho (1947) alcanzou sona internacional a partir da publicación de O alquimista (1988), un relato filosófico do que se venderon xa máis de dez millóns de exemplares e que foi traducido a máis de trinta linguas. Coelho, nacido en Brasil e residente en Río de Xaneiro, escribiu esta novela despois de viaxar por todo o mundo e, moi especialmente, despois de percorrer o Camiño de Santiago, experiencia da que tamén xurdiu o seu libro O diario de um mago (1987). A súa literatura caracterízase por un forte simbolismo narrativo e pola busca de camiños espirituais inspirados polo que el chama a lenda persoal de cada individuo. Tras o éxito mundial de O alquimista, Coelho publicou outros libros como Na margem do Rio Piedra eu sentei e chorei (1994), O Monte Cinco (1996), Manual do guerreiro da luz (1997) ou Veronika decide morrer, tamén publicado por Galaxia.