Une interminable période de sécheresse a décimé des populations entières, forçant les survivants à remonter vers le nord, là où se trouvent les dernières ressources en eau. C'est ainsi que commence l'odyssée de Mara et Dann, deux enfants abandonnés puis pourchassés, qui vont connaître la faim, la violence, la trahison, mais aussi l'amour et la maturité. Une quête initiatique qui traverse la Méditerranée et les mythes fondateurs de notre civilisation.
Doris Lessing (Kermanshah, Irán, 1919), a súa obra literaria ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común. En 1962 publica a súa novela máis coñecida, O caderno dourado, que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.
É autora dunha extensa obra narrativa e dunha celebrada autobiografía en dous volumes, Under my Skin e Walking in the Shad. Na súa obra máis recente, Alfred and Emily, conta a historia da súa nai e de seu pai combinando dous puntos de vista opostos: o real e o ficticio.
En 2007 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa «capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria».