Hermann Hesse (Calw, Suabia, 1877 - Montagnola, Suíza, 1962) é un dos grandes escritores alemáns modernos. Fillo de misioneros protestantes, empezou a estudar teoloxía, pero axiña abandonou esa carreira. En 1904 estableceuse en Suíza, dedicándose exclusivamente á literatura. Escribiu libros tan importantes como Baixo as rodas (1906; versión galega publicada por Galaxia en 1997), Demian (1919), Siddhartha (1922), O lobo estepario (1925) e O xogo dos abelorios (1943). En 1946 foille concedido o Premio Nobel de Literatura. Hesse revaloriza o papel do instintivo e do espiritual na conduta do home moderno e deixa ver un grande interese por certas formas de relixiosidade oriental. Desde a década dos anos 60, coa eclosión da contracultura e o movemento hippy, converteuse nun dos autores máis lidos e influentes entre a mocidade europea e norteamericana.