Alessandro Baricco (Turín, 1958) é autor de seis novelas, coas que obtivo numerosos premios literarios, entre eles o Premio Médicis Étranger en France e os Campiello, Viareggio e Palazzo del Bosco en Italia. Sobre a súa novela Seda, publicada en galego por Rinoceronte, realizouse en 2007 unha película dirixida por François Girard e protagonizada por Michael Pitt e Keira Knightley.