MENDEZ, RAQUEL / BANSCH, HELGA (Ilustración)
O porquiño máis novo non tiña moitas ganas
de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa
de palla. O mediano traballou máis e fíxoa de
madeira, pero, o máis vello tivo que traballar
moito para construír unha casa de ladrillo. E
cando chegou o lobo e soprou e soprou...
Fiel á versión tradicional e discurso visual de
gran dinamismo, baseado en imaxes sinxelas
e divertidas que se combinan nun álbum
intemporal para entender que as cousas
cambian, as persoas evolucionan e o
crecemento (combinado con esforzo, intelixencia
e planificación racional) ten moitas vantaxes.