*Nova edició revisada e actualizada* Un libro pensado inicialmente para explicarlles Galicia aos non galegos, pero que se converteu nun texto de referencia dentro do propio país. Esta é a esperada versión galega, preparada e actualizada polo autor, dun libro pensado inicialmente para explicar Galicia aos non galegos, pero que axiña se converteu nun texto de referencia dentro do noso propio país. Nel, o escritor Miguel-Anxo Murado, constrúe unha particular «teoría de Galicia», utilizando os recursos do libro de viaxes, a crítica literaria, a xeografía ou a historia. Cun estilo irónico pero apaixonado, o autor vai desmontando os tópicos acumulados sobre o país, tanto polos seus visitantes como polos propios galegos, para intentar descubrir e explicar o que caracteriza e distingue Galicia. Críticas:
«O que subxace como pano de fondo en Outra idea de Galicia non é máis que a ollada sempre indagadora e nunca compracente de Miguel-Anxo Murado, a súa curiosidade intelectual, o seu estilo irónico e directo.»
Martín Veiga, Galicia 21 «Unha ferramenta útil para lembrarnos a nós mesmos quen somos.»
César Lorenzo Gil, A Nosa Terra «Control do pulso. A nada motricidade. Movementos que se producen case imperceptibles: Murado limpa as ideas extremas, pon certa racionalidade sobre a mesa, elude as controversias facendo uso do que a rman os feitos.»
Nelson Rivera, El Nacional de Caracas
Miguel-Anxo Murado (Lugo,1965), é autor de máis de vinte títulos de narrativa e poesía. Entre os seus libros de relatos destaca "Ruído, relatos de guerra", "Mércores de cinza" e "Memoria de derribos". En canto á poesía, é autor de "Lapidario dos Heterodoxos" e "Bestiario dos Descontentos" e tamén de ensaios, libros de viaxes e recompilacións de artigos. En 1996 recibiu o premio Arcebispo San Clemente. Publicou dúas obras de teatro xa representadas: "A grande noite de Fiz" (Xerais) e "Historias peregrinas". Como xornalista, cubriu as guerras de Croacia e Bosnia e a Segunda Intifada palestina. Residiu en Oriente Medio varios anos, onde traballou como oficial de prensa das Nacións Unidas e no goberno palestino, e como correspondente do diario "El Mundo". Actualmente é columnista de "La Voz de Galicia". Paralelamente, desenvolveu unha intensa actividade como guionista de cinema e televisión. Recibiu en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guións cinematográficos.