RAGA, VÍCTOR / ESPAÑOL RODIÉ, MONTSE (Ilustración)
O señor Viramontañas ensínalles a Martiño e a Helena a importancia dos cinco sentidos. Pero Martiño está preocupado por outra cousa. O seu corpo e o da súa veciña non son iguais. Por iso quere ter unha conversa de home a home co señor Viramontañas e que lle aclare algunhas cousas.
Co señor Viramontañas aprenderás:
Os cinco sentidos:
a vista, o gusto, o oído, o tacto e o olfacto.
A liña da vida:
infancia, mocidade, madurez e vellez.
Como son e para que serven os ósos e os músculos..
A nutrición e a roda alimentaria.
O proceso dixestivo e os dentes.
Como respiramos.
A circulación do sangue, cales son as súas funcións.