Orhan Pamuk (Istambul, 1952), é un dos máis destacados autores da literatura actual en lingua turca. A súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas, e publicada nun centenar de países distintos. Ten recibido numerosos galardóns internacionais, entre eles o premio France-Culture, en 1995; o premio ao mellor libro estranxeiro do New York Times, en 2004 e o premio da Paz dos libreiros alemáns en 2005. O 12 de outubro de 2006, a Academia Sueca lle concedeu o Premio Nobel de Literatura en recoñecemento a toda unha traxectoria literaria así como polo seu compromiso en prol dos dereitos humáns, sendo así o primeiro turco en gañar un Premio Nobel. En 2012 foi condecorado polo Ministerio de Cultura francés coa insignia oficial da Lexión de Honra.
Publicou a súa primeira novela en 1982, mais a súa obra comezou a ter repercusión internacional con O castelo branco, agora tamén publicada en galego por Galaxia, e alcanzou a súa consagración definitiva en 1998 con Chámome Vermello. En galego, están publicados O libro negro (1990; Galaxia, 2011), Neve (2002; Galaxia, 2009) e Istambul (2003, Galaxia, 2008). A súa novela máis recente é O Museo da Inocencia (Galaxia, 2009).