Kenneth Grahame (Edimburgo, 1859- Berkshire, 1932) foi un escritor escocés, coñecido principalmente pola súa obra O vento nos salgueiros (1908), concibida como unha serie de contos para antes de durmir para o seu fillo Alastair.
Grahame vivu a súa infancia coa súa avoa, despois do pasamento da súa nai e dos problemas de alcolismo do seu pai. Aínda que foi un alumno destacado, non puido estudar na Universidade de Oxford por motivos económicos e axiña comezou a traballar no Banco de Inglaterra, do que se retirou por motivos de saúde no ano 1908.