A intención deste libro é enfrontar o problema do mal en coherencia crítica coa cultura secular actual. Desenmascarar o malentendido no que incorren tanto os intentos filosóficos coma os teolóxicos ao manteren os antigos presupostos dun intervencionismo divino (ou demoníaco). Insistindo en que todo o mal nace do funcionamento autónomo do mundo e da liberdade, afirma a inevitabilidade do mal (poneroloxía). Con instrumental crítico anovado, Torres Queiruga rompe o universo mítico de paraísos e demos e presenta así un Deus só pensable como Anti-mal.
(Aguiño, 1940), teólogo, membro da Real Academia Galega e cofundador da revista de pensamento cristiá Encrucillada, tamén foi membro do Consello da Cultura Galega. En 1978 e 1986 recibiu o Premio de Ensaio da Crítica Galega e en 2003 o Premio Trasalba. Entre os seus libros destacan Recupera-la salvación (1977), A revelación de Deus na realización do home (1985), Repensar a creación (1996), Repensar a resurrección (2002), Para unha filosofía da saudade (2003) e Repensar o mal (2010).
Vicesecretario da RAG dende Abril de 2013.