George Borrow (East Dereham, 1803), viaxeiro, tradutor e escritor, manifesta dende novo o seu interese por coñecer as linguas do mundo. Aprende galés, danés, hebreo, árabe, armenio e alemán. Fai traducións e inicia unha vida errante que o leva a percorrer Inglaterra, onde entra en relación coa Sociedade Bíblica Británica e Estranxeira e, por conta dela, marcha a Rusia para aprender a lingua tártaro-manchú e traducir o Novo Testamento. Unha vez publicado, decide distribuílo el mesmo, percorrendo España metro a metro. Viaxa por Galicia durante o verán de 1837. En 1842 remata The Bible in Spain, o libro que tanta sona lle había de dar e do que agora Xerais publica a parte referida a Galicia.